Memoria de Salvaterra é un proxecto colaborativo organizado pola asociación Lazoiro.
Dentro das nosas casas todos e todas temos un anaco de historia da nosa vila, de momentos especiais gardados en fotografías, as veces onde as persoas que saen nelas gañan todo o seu protagonismo e outras veces serán os lugares os que nos levarán até eles no tempo.O noso obxectivo non é outro que contar coa colaboración de todos os veciños e veciñas para recuperar a nosa memoria colectiva e que perdure no tempo, por iso as fotografías irán acompañadas de numerosa información sobre o lugar, a década ou quenes saen nela. Se contas con fotografías colabora connosco para completar a nosa memoria colectiva.

Para obter máis información:

Telf. de contacto: 647 25 83 21.
Correo: memoriadesalvaterra@lazoiro.org