Manuel Puente, peza relevante da nosa emigración
por Francisco Montes Ojea

A principios do século XX, era moita a xente que embarcaba camiño da Arxentina, onde a maior parte deles non retornaron a súa terra. Alí, en Bos Aires quedaron para sempre, un era Manuel Puente, que naceu o 16 de agosto de 1890, na parroquia de Oleiros, en Salvaterra de Miño, no berce dunha familia humilde. Ós seis anos comeza a traballar nunha tenda de ultramarinos, tras a morte de seu pai. Ós trece anos trasládase a Barcelona para traballar nunha tenda téxtil. En 1906 chega a Bos Aires, a bordo do transatlántico Oropesa, para exercer como comercial.

Foi en 1911 cando envia esta fotografía ao seu amigo Lorenzo Lemos Souto dende a cidade de Corrientes, Arxentina.
Lorenzo, que naceu o 29 de marzo de 1859 e finou o 24 de marzo de 1954, dedicado a ensinanza e a fotografía. Maestro por oposición da escola pública creada pola Fundación José González y González en Oleiros. Era vocal durante a alcaldía de Antonio Pérez Ojea(23/06/1926 – 27-02-1930) representando o partido político de Union patriótica durante el régimen dictatorial del Primo de Rivera.


“á mí amigo Lorenzo: en prueba de sincera amistad”
“Oleiros 66-7-911 Manuel Puente”

D. Manuel Puente finou o 24 de marzo de 1970, en Bos Aires, deixando a súa impronta na historia
como o gran mecenas galego, que financiou, a residencia de Castelao en Bos Aires durante o exilio, costeou obras literarias como Sempre en Galiza, de Castelao, ou a Historia de Galicia, de Otero Pedrayo, e subvencionou tantos grupos culturais e deportivos galegos cantos puido.