O Proxecto

Exposición Xentes da Raia nas Covas de Dona Urraca

No seu nacemento, Memoria de Salvaterra fundaméntase principalmente na recuperación de fotografías antigas para poñer en valor as parroquias e as súas xentes, para o cal realízase un proceso de dixitalización e posterior inventariado. Sendo necesario organizar grupos de traballos con xente voluntaria e implicada nesta iniciativa para poder percorrer tódalas parroquias (Salvaterra ten un total de dezasete parroquias) acudindo ás casas dos veciños e veciñas que contan con fondo documental fotográfico, organizando reunións con asociacións ou nos Centros Culturais. Para poder levar a cabo a primeira fase deste proxecto, foi necesario realizar unha
campaña previa na prensa, nas redes sociais e inclusive de pegada de cartaces tamén en Monção.

Unha vez obtido o primeiro acopio de fotografías, comezan a publicarse na páxina web memoriadesalvaterra.lazoiro.org parte do material, facendo en todo momento uso das redes sociais para obter unha maior repercusión e participación.

Co paso dos meses e ante a gran participación veciñal lograse un grande acopio de material (preto de 1.000 fotografías), ampliando a recollida tamén a vídeos. Nace por tanto a necesidade de crear diferentes formatos de soporte e novas formas de canalizar toda a información recollida para poder expola e dala a coñecer dun xeito claro e que resulte de interese.

Nacen por tanto as exposicións fotográficas, documentais e inclusive de diferentes obxectivos, dependendo da temática. Porén, pouco tempo despois a Asociación comeza a elaborar curtas documentais, tendo un total de dúas publicadas e traballando activamente noutras.


Cronoloxía do proxecto Memoria de Salvaterra

2015: Lanzamento da páxina web memoriadesalvaterra.lazoiro.org e exposición nas Covas de
Dona Urraca que tivo por obxectivo dar a coñecer o proxecto de Memoria de Salvaterra. Foron expostas preto de 100 fotografías ordenadas cronoloxicamente a través dunha liña de tempo con tódalas parroquías incluíndo a fraguesia de Cortes, en Monçao. Dando importancia ás relacións veciñais: procesións, festas populares, grupos de música. A pesar da curta duración, só unha fin de semana, pasaron preto de 1.000 veciños e veciñas.

2016: A nosa Memoria
exposición adicada á memoria histórica de Salvaterra. Máis de 500 persoas acudiron á exposición A Nosa Memoria ao longo da fin de semana do 20 ao 22 de outubro, dentro da exposición “A Nosa Memoria”, adicada á memoria histórica de Salvaterra, máis de 500 veciños e veciñas puideron recordar unha parte esquecida da nosa historia. A apertura de portas tivo lugar o venres 20 ás 19:30h e xa nas primeiras horas foron decenas de persoas ás que foron até as Covas de Dona Urraca para ver as fotografías e documentos da época. Na exposición, dentro das preto de 60 fotografías, podían consultarse listaxes de persoas represaliadas ou asasinadas de Salvaterra, algo que causou un gran impacto entre os visitantes ao descoñecer o gran número elevado que había. O domingo 23 tivo lugar un acto de homenaxe no que interviñeron Xesús Alonso Montero, Pte. Da Real Academia Galega, Xosé Ramón Paz Antón, Historiador, investigador e Fernando Abreu, que amenizou a xornada coa súa música. Xesús Alonso Montero leu a carta que José Domínguez González, Tte. De Alcalde de Salvaterra, escribira a súa namorada horas antes de ser fusilado, como resultado foi unha intervención moi emotiva, Xosé Ramón Paz Antón fixo un repaso pola historia do agrarismo en Salvaterra e na contorna, e Fernando Abreu tocou varias peces entre as intervencións.

2017: Exposición e curta Xentes da Raia
Adicada ás relacións entre Salvaterra e Monção antes da construción da Ponte Internacional. Tratando as antigas formas de paso: paso da barca e transbordador. O estraperlo e papel das mulleres. Presentouse unha curta realizada pola asociación Lazoiro e realizase homenaxe aos veciños e veciñas que participaron na curta Xentes da Raia.

2018: Historia do Fútbol de Salvaterra
Exposición fotográfica e documental organizada dende principios do seculo XX, onde xa había coñecemento de equipos de aficionados nas diferentes parroquias. Sendo unha fotografia do
equipo de fútbol da parroquia de Lira a máis antiga, da década dos 20 e onde pode apreciarse a equipación, os balóns e as porterías de madeira en campos de terra daqueles anos. Fíxose un percorrido polos equipos federados da vila; como a S.D Salvaterra e O Condado, Progresista de Fornelos, Liréns de Lira, Corzáns e o Castelo de Pesqueiras. Ademais dos equipos de afecionados de Alxén, Grixó, Cabreira, o Uracán de Meder e o Casal. Mencionando tamén os equipos femeninos que houbo, así como cando anécdotas como cando a Sociedade Deportiva
Salvaterra a tiña que xogar en Monção por estar o campo en obras en Salvaterra.


2018: Exposición Patrimonio da parroquia de Uma
A exposición tivo lugar na Casa da Sociedade da parroquia de Uma, contando con fotografías antigas da vila, planos de elementos patrimoniais e tamén unha andaina fotográfica.Deste xeito, Lazoiro puxo en valor a memoria e o patrimonio desta parroquia. Ademais de fotografías antigas, houbo paneis informativos con planos de diferentes elementos patrimoniais, entre os que destacan a Igrexa de Santo André de Uma, o seu cruceiro, ou un rexistro de diferentes castros que hai en Salvaterra de Miño.


Pretendeuse facer un labor de divulgación do Patrimonio Cultural da parroquia de Uma,
escolleuse esta parroquia pola súa singular posición xeográfica dentro do territorio do concello
de Salvaterra, separada xeográficamente.

2019: Curta A Nosa Memoria 2019 e renovación da páxina web
Lánzase unha curta-documental sobre a exposición a nosa memoria do ano 2016 e renóvase a páxina web Memoria de Salvaterra.