Exposición Xentes da Raia 2017
Ao longo da fin de semana do 20 ao 22 de outubro do 2017, dentro da exposición “Xentes da Raia”, preto de 700 veciños e veciñas de Salvaterra e Monção puideron recordar unha parte esquecida da historia da vila.
Na exposición, dentro das preto de 80 fotografías, ademais de ver fotografías de tódalas parroquias, había diferentes espazos temáticos, entre os que cabe resaltar o adicado ao río Miño, ao estraperlo e tamén as diferencias paisaxísticas da ribeira nos últimos 90 anos.
O domingo 22 tivo lugar a presentación dunha curta dirixida polo socio da asociación Lazoiro, Gonzalo Castro Martínez, onde falaron veciños de Salvaterra e Monção sobre as comunicacións, as relacións o comercio, e o estraperlo antes da
construción da Ponte Internacional.